Thursday 09 de May de 2024

José Luís Fernández Mouriño comeza a campaña lembrando os proxectos que impulsará en Carral


• Entre os proxectos destaca o Centro de Día, a recuperación da biblioteca infantil, a mellora da seguridade viaria en Carral e Tabeiaio, a construción de centros sociais, o PXOM e as axudas económicas directas para os mozos e as familias de Carral

• Fernández Mouriño asegurou que é o momento de cambiar as cousas e de recuperar o tempo perdido nun “concello que estivo estes catro anos gobernado desde Oleiros baixo un executivo sen ideas propias”

José Luis Fernández Mouriño inicia a campaña electoral cun equipo renovado para volver a gobernar o Concello de Carral. A lista que presentou o líder dos populares de Carral iniciou a pegada de carteis ás 00.00 horas do venres co lema “Volvemos”.
Fernández Mouriño asegura que é o momento de cambiar as cousas e de recuperar o tempo perdido nun “concello que estivo estes catro anos gobernado desde Oleiros sen ideas propias”. Criticou a perda de servizos dos veciños e veciñas de Carral como a Biblioteca Infantil, locais sociais e subvencións millonarias pola falta de aptitude do goberno do actual alcalde, Javier Gestal, “que durante catro anos levou ao concello de Carral a unha total parálise administrativa”, apuntou.
Lembra a urxencia para recuperar proxectos que o actual goberno deixou nun caixón como a creación das glorietas en Carral e Tabeaio, para incrementar a seguridade viaria; a instalación de pasos de peóns intelixentes ao longo da Nacional 550; o acondicionamento da explanada de Cancelo, sumando un novo aparcadoiro no centro do municipio para os veciños e veciñas; a humanización do centro de Carral na N-550, un dos accesos principais do concello; a construción dun novo centro sociocultural para os veciños e veciñas; ou a apertura do novo centro de día para Carral.
Por outra banda, dentro do seu programa destaca a creación de beirarrúas nas estradas da Deputación da Coruña, en novas zonas verdes e de lecer, e nunha ludoteca para o lecer dos pequenos e pequenas do municipio.
Tamén avanza a súa aposta por axilizar co Sepes para ampliar a superficie industrial dos Capelos e pola organización de obradoiros de emprego para reducir a taxa de paro.
Neste senso, anuncia que acometerá as obras de mellora do Antón Fraguas para a homologación de novas especialidades do plan formativo da Xunta e a colaboración para que as empresas do municipio accedan aos fondos Next Generation.
No eido cultural, Mouriño recordou a importancia de que Carral conte por fin cun auditorio que poida acoller espectáculos de artes escénicas, musicais e presentacións e xornadas. E tamén avanzou a recuperación da Biblioteca Infantil esquecida por este goberno.
Asegurou que fomentará o asociacionismo dando vida aos locais sociais nas parroquias, xerar recursos para a posta en valor do val de Barcia, a mellora do campo de fútbol dos Campelos e o ximnasio, e tamén a construción de novas pistas de tenis e padel.